|
INFORMACIÓN DE VIAXES Tiempo en Europa RailPass Horarios de ferry Todas las Universidades de Europa Cambio de moeda Horarios de tren InterRail Albergues de Juventud Mapas Campings |
||
|
Consulta gratis la guía "Europa na mochila" (Ir Indo) Fotos de los mejores sitios de Europa Fotos de Nueva York, Washington y Boston Colección de billetes de transporte y museos
Visita la nueva página de Linda Melkner Visita la página de Mahir Cagri LITERATURA
-"EL Oro de Puerto Ártabros" La flota de Julio César bloquea Brigantium. Un joven abogado romano baja a tierra para esclarecer una serie de crímenes relacionados con un tesoro megalítico. - "O Pendolino" Cuatro viajeros hablan de sus vidas en un viaje en tren de alta velocidade entre Oporto e Ferrol. El protagonista debe tomar una decisión antes de llegar a la estación. -"El punky y la skin" (Guión adaptado para el cine) Un joven lleva una doble vida: por el día vende enciclopedias y por la noche regenta un pub punky. Su único error ha sido enamorarse de la chica equivocada. PROYECTO DE TESIS DOCTORAL |
DEL AUTOR DE "EUROPA E N LA MOCHILA" LEE LITERATURA GRATIS Libre acceso a borradores de novela para leer por Internet Libro I: Atardecer Negro Libro II: Fuego en Brigantium Argumento: El cronista y abogado romano Tito Casio debe esclarecer unos crímenes en serie relacionados co un milenario tesoro mientras la flota de Xulio César bloquea Brigantium, la isla-puerto de los ártabros. De fondo, la eterna incertidumbre sobre el mañana. Libro I: Estación Oporto: Cap. I _Cap. II Cap. III Cap. IV Libro II: Binario Due: Cap. V _Cap, VI Argumento: Cuatro viajeros (un doctor, una dama nostálgica de las colonias lusas, una joven bibliotecaria de fríos ojos azules y un hombre con el corazón roto) recuerdan sus vidas mientras el tren de alta velocidade Pendolino cruza veloz el ejo entre Oporto y Ferrol. El protagonista debe tomar una decisión antes de llegar a la estación. Una novela ambientada en el tren de alta velocidad Oporto-Ferrol Borrador de la historia original CAPÍTULO I ESTACIÓN OPORTO "To, to, sí". Un hombre alto y flaco, sonriente, sale a prisa de la sala. "Tó, aquí no puedo hablar. Le llamo en un minuto. Obrigado", contestaba éste por el teléfono móvil mientras cerraba la puerta. En el último acto de Tosca, la heroína Margarita se tira por el balcón para evitar ser prendida por el jefe de la guardia, que mandó fusilar a su amado. Era una cuestión de alta fidelidad. La música entonces sube hasta las estrellas, suenan las trompetas y el público suelta unas lágrimas por el desenlace dramático. Por eso, volvíi a la Casa de Música, en Boa Vista, certo del Duero, en la zona moderna de Oporto. O Metro deixarame a carón, despóis de enlazar na estación Central, na avenida dos Aliados. Aquela ópera sempre me conmoveu e agora tiña a oportunidade de reencontrarme con aquelas personaxes. Tentara convencer a Emma, pero ela, sempre tan práctica, preferira tomar o Pendolino cara Santiago, ou sabe onde. Creo que aquelo estaba acabado. Agora sentíame só e escoitaba os últimos coros de Tosca. Puccini era sen dúbida o mellor. O auditorio apladeu, púxose en pé, algúns visiblemente emocionados. Non me arrepentin de mercar as entradas por Internet, desde o móbil. Sorte para min que ainda sobraban butacas nas primeiras filas. Entón foi cando coñecin á bibliotecaria. Ela estaba o meu lado e me pediu un pano de papel, visiblemente afectada polo tráxico final de Tosca. Os seus ollos azuis estaban vermellos polas bágoas. Dinllo sen prestar atención e continuei a bater as palmas. O sair, aquela moza que tiña á beira comentou que fora a mellor interpretación que escoitara. Asentín, sen moito interese e sain ós corredores a tomalo aire. Ollei para ela de novo e me chamaron a atención os seus ollos azuis xelo, tan fríos e húmidos polas bagoas do concerto. Non pensei máis no asunto. Ainda era cedo, e desde Boa Vista vianse as luces da cidade reflexadas na ponte e no río. Ollei para o ceo, para buscar o Dragón, pero estaba nuboso. Só se apreciaba o centileo de Venus e o pálido reflexo da lúa nas nubes. Voltaba a chover e unha pinga de auga deume no naris. Regresei á parada de Metro. O vixilante xa marchara e vin como uns rapaces saltaban o control. Ó chegar á plataforma xa aparecía o tren e tomei a liña 1 ata o barrio vello. Dun salto entrei no vagón, antes de que as portas aumáticas pecharan. Caín rendido no primeiro asento que vin e apoiei o cóbado entre a barandilla e a cabeza. Por un momento, pechei os ollos. No vagón case valeiro voltei a me atopar con aquela afeizoada á música. A melómana me viu e saudoume distraidamente. Era xa de noite e só había uns inmigrantes que voltaban do traballo, un matrimonio maior e algúns adolescentes que saían de festa. Fumaban, rían e falaban das súas cousas. Pouco a pouco, pasabamos as paradas, case valeiras. A rapaza ergueuse, puxose a chaqueta para abrigarse e pulsou o botón de apertura. Nin siqueira mirou para se despedir. Ata agora nin me fixara na súa boa figura. Tiña o pelo rizo negro e longo, e vestía longas faldas e chaqueta. Parecía boa chica, metida en libros e música clásica. E seguramente levaría no seu corazón unha historia de amor e desamor, e a alma rota. Os ollos nunca enganan. E aqueles ollos azuis eran moi frios, como se hai tempo perderan a ilusión. No meu interior sonou coma un eco aquela música de Tosca. E voltei a pensar en Emma, a inxeñeira, doña Perfecta. Ela insistira en viaxar naqueles días festivos ata Braga, a estudiar uns vellos vestixios románs do século IV e unha calzada per loca maritima na serra do Gêres. Menos mal que logo convencina para pasalo resto do día en Porto. Un paseo polas adegas e as quintas do río Douro, a ponte de ferro e a vila restaurada. Chegamos axiña no Pendolino, no tren de marca italiana que unía as principais vilas da eurorrexión. Emma prefería conducir por autopista pero tiña o coche no taller. Sempre ás presas. O vagón do Metropolitano chegou á plataforma e saín ás presas ata Barrio Vello. Metinme nun local de ambiente e pedin algo de beber. Observaba como unhas mulleres xoves falaban con mariñeiros nos asentos ou bailaban con vellos. A decadencia do Barrio Vello seguía alí, nos seus derradeiros reductos e na roupa nos balcóns. Probei a sair e chamar polo móbil a Emma, pero non contestaba. Polo menos podía avisar para saber se chegara ben. Pero era ela tan independiente e autosuficiente que estaba farta de que a controlara. Bueno, foi ela quen insistiu en percorrer aquela vía romana que chegaba ata Braga. Camiñei con eses pensamentos ata o hostal. Desde a ventana podianse ver as luces das adegas de Sandeman, os nenos aparcaches pedindo esmola, as barras americanas e as sombras no mar dalgunhas góndolas. Despertei axiña no hostal da avenida dos Aliados e tomei unhas torradas con manteiga no comedor e un zume de laranxa. Sentiame só, alí, sen nadie perto. Foi un almorzo triste e rápido. Saín cara a parada de Metro, no interior da estación ferroviaria. Desde alí tomaría ó enlace cara a nova estación do Pendolino, o tren de alta velocidade. En 50 minutos estaría en Vigo e en media hora máis chegaría a Santiago. Alí, o Pendolino seguía ata A Coruña e había xente que debía facer un transbordo ata Ferrol na nova estación das aforas. Ainda lembraba cando, de estudante, tiña que facer a mesma distancia en seis horas ou máis. Ó sair do hostal tropecei cunha morea de xente, moi dinámica e emprendedora, xente de negocios que tiña moita presa. Sumeime a aquela corrente cara a plataforma do Metro. Ainda me quedaban uns billetes do bono de transporte e gardeinos porque a Porto sempre se volta. Cada vez máis. Corrín polos túneis das plataformas na procura da línea 2 que me levaría ata á Nova Estación. Os tubos de neón e os carteis me mareaban un pouco, así como os vendedores de tabaco, os titulares dos xornais dos quioscos e os inmigrantes que barrían o chan. Había moito ruido e actividade. Por sorte non levaba equipaxe, só un deses macutos que agora están tan de moda. Escoitei o ruido do Metro e saltei varias escaleiras a paso lixeiro e ainda houben de botar unha carreira ata tomar a tempo o vagón sempre atestado de xente seria e ocupada. Fun prestando atención as sinais, faltaban ainda varias estacións. Unha vez tomei alento puiden observar ó resto dos viaxeiros, a maioria traballadores e estudiantes. Hai uns anos diría que aquelo era Londres. Nun dos asentos, unha executiva rifaba por móbil cun empregado a través da videoconferencia. O problema era o precio dunhas moquetas dun piso. A muller regateaba mentras anotaba nun muestrario. Pegados a min, tres mozos xogaban co último videoxogo en rede e, perto, un inmigrante vía unha película de acción nun DVD portátil. E algo máis adiante, un vello lía o xornal como se nada cambiara. Algúns, entre os que me atopaba, aínda daban cabezadas de sono. Pese a ter rifado con Emma, durmira toda a noite como un anxo. Sinxelamente, dabame todo igual. Xa estaba farto dos seus caprichos e non ía tolear máis polas súas lerias. Cada un polo seu lado e punto. A estación Nova quedaba de camiño do aeroporto Sá Carneiro e do porto de Leixoes. Estaba todo moi ben pensado. Baixabas do avión e collías o tren Pendolino cara Lisboa, a hora e cuarto. A outra posibilidade era Braga, Vigo, Santiago e as outras cidades do Norte. En Vigo, había a posibilidade de facer o transbordo para Madrid ou París pero, na miña opinión, non pagabala pena. O avión ainda tiña ventaxas nas distancias longas. Din que en Francia e Alemania xa traballaban nun novo sistema por superconducción polo que os trens podían facer distancias continentais nun tempo rídiculo. Falabase de conectar París e Berlín en hora e media, ou algo así. Pero esto ainda estaba por vir e, daseguro, nós non o iamos ter ata 30 anos despois ou máis. O Metro xa saía en superficie e percorría a costa exterior do Douro, deixando atrás Leixoes cara o Saá Carneiro. Os avións apenas podían verse porque era un día de néboa. Nuns minutos estaría na Nova Estación, de onde partían os Pendolinos. Moita xente dicía que fora un erro construir unha estación de alta velocidade fora do centro, a diferencia do Eurostar de Londres (na Waterloo Station), o TGV no centro de París ou o AVE en Atocha de Madrid. Pero, os técnicos aseguraban que así conseguían viaxeiros do aeroporto en vós internacionais. Dúas horas en Pendolino ata as mesmas taquillas de facturación do aeroporto. Para facer parada no centro, os técnicos reformaban a estación Vella, nun intercambiador perto do aerporto. Pero aínda estaba en construcción . O Metro, agora tren de Cercanías, entrou na estación Nova dos Caminhos de Ferro Portugueses. Os viaxeiros cargados de maletas buscaron un carrito rápido e continuaron a toda presa, seguindo as sinais, ata a terminal do Pendolino. Non era difícil equivocarse, unha máquina ía para o Norte, outra para o Leste e a outra para o Sul. Por iso, ás plataformas nomeábanse cas iniciais N, L e S. A próxima saída era dentro de vinte minutos, así que ainda me deu tempo a admirar a arquitectura da nova terminal, acristalada, de cor branca e alta como un tempo gótico. Semellaba como se estivesemos dentro do bandullo dunha balea, na que os pilares curvados semellaban as costillas dese imaxinario mamífero. Inxeñería sueca, sen dúbida. Voltaba a chover e as pingas de auga crepitaban nos cristais. Nas paredes non faltaban os azulexos azuis, fieis a tradición marítima dos almirantes. Había cousas que nunca cambiaban. Acudín rápido á taquilla para recoller o billete que mercara onte por Internet. En realidade, xa coñecía o número da miña plaza, e no caso dunha urxencia podería ir directamente ó tren. E se fora sen billete, sempre podería mercar un tique nas terminais de pago do interior. Pero hoxe ía con tempo. Mentras, tatareaba un preludio de Chopin, creo que Gotas de Auga, que soaba no fío musical da Estación. Logo cambiaron a un fado versionado polos novos grupos da Nova Ola, que realmente estaba moi conseguido. Naquel momento pareceume vela de novo. Alí, no fondo da plataforma S. Aquela era a rapaza da ópera, a das bágoas. Pero estaba moi lonxe e só acertaba ver unha melena rizada. Nin sequera lembraba o seu rostro. Podía ser calqueira. Sei que a súa mirada era azul, dun azul xelado como o a auga transparante do Ártico. Era o azul máis azul que vira. Non sabía se achegarme. ¡E qué lle ía dicir! Seica toleara. Os nosos camiños coincidiran nun punto e logo diverxeran ata perderse. Era mellor non pensar máis e tirar para adiante. Agarrei o macuto e continuei cara a plataforma N. Alí estaba o Gran Dragón, coma eu lle chamaba porque aquela locomotora de alta velocidade tiña os faros como ollos do demo. Por dentro, os camarotes estaban decorados cunhas luces roxas que centileaban. Sen dúbida, influencia francesa. O revisor xa se achegaba para collelo billete. Fora chovía e as pingas de auga esvaraban pola cúpula acristalada. Ás veces, escoitabanse os ruidos dos avións que aterraban na terminal internacional de Sá Carneiro. Normalmente, polo que me contaron, o Pendolino agardaba por viaxeiros do aeroporto que chegaban con demora. Isto non o facía o servicio directo de Lisboa, e menos o tren que viña de Sevilla, por Faro e o Algarve. Pero esa línea ainda levaba moito retraso. Subín o vagón, co pequeno macuto ó lombo. Chegara con tempo e había moi pouca xente nas butacas. Tocarame asentos enfrentados con mesa, enfrente dun home xa entrado en anos. Por sorte, tiña a butaca da ventá. Ollei para o andén distraidamente... minto, buscaba á aquela rapaza de ollos extranxeiros. Pero Ollos Azuis xa non estaba na plataforma S, á que se accedía por un túnel. Mirei para o marcador, para o quiosco e para a gran pantalla conectada permanentemente a Internet. O señor sentado enfrente sorriume educadamente, cuns modales exquisitos que só podían vir dun portugués do Norte industrial. Ben poidera ser o dono dunha adega de Porto ou dunha quinta. Pero axiña me decatei de que o seu sorriso ía dirixido a unha muller que entraba no vagón. Os dous saudaronse como vellos camaradas, e o cabaleiro fixo un ademán para que se sentase. "Pode que o sillón esté ocupado, doutor Camoes", dixo a señora, cun tono tan elegante que revelaba a súa procedencia aristocrática. "Seguro que o seu ocupante, cando veña, o entenderá", afirmó o home de pelo gris cun sorriso xentil. Eu seguín ollando á estación. Un revisor corría pola nosa plataforma e cun teléfono móbil facía indicacións ós maquinistas. Os últimos pasaxeiros corrían a toda presa mentras un garda bigotudo da GNR berraba ós revisores. Eu botei unha ollada á cativa de ollos das Augas do Ártico máis xa non estaba. Esvarecerase, como se fose un espiritu benigno, unha meiga boa, que me fora a despedir, que me acompañaba na miña estancia en Porto. Espero que isto non fora ningunha premonición nin que o Pendolino descarrilase na nova ponte internacional de Valença e logo me tivesen que recoñecer polo reloxio, entre restos de ferruxe. Toquei a mesa e voltei a prestar atención a conversa do vello do sorriso e a dona de importante familia. -Macao. Eu tiña unha pequena casa antes da cesión a China. Foi pouco antes de nos vir de Angola. ¡Cómo quedou aquel país! -Todo quedou como quedou. Sangue, violencia e guerras civís cando nos fumos. Polo menos, con nós había certo orde.- o vello parou, tomou aire e como quen recorda algo, continou resignado repasando toda unha vida nuns minutos- Pero naquela época había que descolonizar, e iso que fumos os derradeiros. Pero, segue, amiga. ¿Desde cando non nos vemos? -Ben poidera ser desde o cabo de ano do inxenieiro Olivença, ¿decataste? Eu ainda estaba na embaixada cando ocurriu. -Ben certo é que tiveches unha vida, María, con moitos avatares. -Vivin épocas felices e tamén a desgracia. Pero hai que esquecer porque así e a lei de vida. -Así é. Dicías que tiñas unha pequena casa en Macao. Moi poucos querían voltar alí. -Si, home, por un ou dos anos, sempre había funcionarios dispostos ó ascenso. Na embaixada sempre atopabas xente. A conversa continuaba e a parella falaba dos seus vellos tempos das colonias. Por non escoitalos, estaba por enchufar uns cascos e as novas gafas virtuais para navegar por Internet. Pero, ainda era moi cedo e casi prefería botar unha cabezada. Entón foi cando a vin. Sí, agora sei que era ela. Como si o seu perfume anticipase a súa chegada. E como se os fotóns que reflexaba a súa ollada viñeran canda min. E o tren iniciou a marcha, primeiro lenta, mentras saiamos da estación e logo comezou a acelerar, tanto como o pulso do meu corazón porque vía que a Ollada Azul viña canda nós, arrastrando tras si unha pequena maleta de rodas. O monitor do compartimento marcaba a velocidade do convoi, xa sobrapasa os 150 kilómetros por hora e seguía medrando o contador. Subía a 160 e logo 170, e os postes desaparecían, todo desaparecía. Pero estou ben seguro que o meu pulso ainda ía máis rápido. A cativa de ollos azuis achegouse ata nós e díxolle á señora aristocrática que ese era o seu sitio. Pero o home de sorriso interviu e lle pidiu se aceptaba cambiar o sitio. Estaba claro que a muller de ollos azuis asentiría por cortesía. Pero entón intervin eu cun torpe portugués porque unha casualidade deste tipo non pasa tódolos días: -Se me permite, o sitio o meu lado está libre. A cativa sorriu sorprendida. -Pero si é o meu amigo da Casa da Música. Agora o recoñezo- replicou sorprendida nun portugués correcto. - Vexo que as bágoas ocultaban unha bonita ollada- respondinlle o mellor que puiden. Debin de meter a pata, porque inmediatamente dirixiuse á señora de Macao e dixo: "Por favor, cal é a súa praza?". "A 52", contestou a muller. Pero o home de sorriso interviu: "Quedese con nós e o noso amigo español. Estábamos a punto de escoitar a historia de María de Braganza en Macao", afirmou o cabaleiro luso. Eu tamén sorrín con boa cara. A cativa de ollos como o mar xelado asentiu. "Bueno, oigamos esa historia. Gostanme as historias", engadiu. -Abofé, eu cheguei a Macao, ¿lembrase doutor Camoes? nos derradeiros anos dos 90. -Sí, vosté xa vivira en Angola. -Angola, qué traxedia. Nunca pasei tanto medo. Tantos anos perdidos. ¿Sabia vostede que o meu home tiña unha granxa en Tonga? -Pero el non traballaba alí. -Non, pero supervisaba a explotación. O meu home era secretario do embaixador, o inxenieiro Pereira. -Lembro ben, tivo unha vida moi activa. E logo ainda estivo en Mozambique, uns anos. Alí xa lle perdín a pista. Pero vostede falaba de Macao. -Sí, Macao. ¡Como lembro aquelas rúas de cores!. Todalas semanas tomaba o transbordador para Honk-Kong, que xa pasara a ser cidade chinesa. -¿E cómo estaba aquelo? -Mellor que Macao. Non me gustaba Honk-Kong porque estaba cheon de autopistas. ¿Sabía que había tres niveis nas rúas; e os peatóns camiñaban pola plataforma máis elevada? Macao, xa sabe, a decadencia. Ainda que nos últimos anos había moita actividade. Había moita inversión nos Casinos e nas salas de xogo. Moitos dos nosos amigos fixeron fortunas. Outros eran funcionarios que desexaban pasar uns anos e logo ascender de regreso a Lisboa. E que aquelo eran outra cultura. O doutor Camoes suspirou. "A vella grandeça. E xa non nos queda nada", afirmou. O Pendolino achegabase a Braga. Ainda non pasaran dez minutos e o tren acadara a súa velocidade punta de 250 kilómetros por hora. Agora comezaba a frear. Uns cativos paseaban en bici polo campo e nos facían cortes de manga ou saudaban. En fraccións de segundos, desapareceron, como se esvarecían as proteccións metálicas, os postes eléctricos e os árbores, que se vían borrosos. Só perduraba a paixase, sempre a paixase de eucaliptos de verde escuro e as casas brancas. Perto xa se divisaba Braga, derradeira parada antes de Vigo. Era unha mágoa que o Pendolino non percorrera a línea de costa. Botaba de menos aquel océano bravo e as praias salvaxes da Costa Verde. Moitas veces soñara con alugar unha casa de verano naquela costa de ondas bravas e dunas. -Macao. Nunca me acostumei a aquela vida. A nosa casa estaba perto da zona residencial das embaixadas. Era un lugar agradable e a vida resultaba doada. -Pero sei ben que a sua familia sufreu moito- apuntou o doutor Camoes, con tacto. -Foron tempos moi difíciles, e ben o sabe vostede despois do que lle pasou a súa filla. O sorriso do doutor Camoes tornouse triste. A moza de ollos azuis, que seguira con atención a conversa, interviu: -Non poden evitar escoitar a súa conversa-. E trala cortesía, engadiu: "Permitanme que me presente; son María Pontes" O resto dos pasaxeiros saudaron corteses. O doutor Camoes deulle pé cun pequeno sorriso para que continuase: -Supoño que esa foi unha época que eu non vivin e da que agora teñen nostalxia. -Eran outros tempos- explicou o doutor Camoes._ Vostede é moi cativa para comprender o que significaba para o noso país aquelas terras que eran parte da nosa cultura. Eu nunca estiven en Macao pero traballei un tempo en Angola. -A súa presencia foi moi agradecida en Tonga. Foron uns anos moi bós- interviu a señora. -Mire, xa entramos en Braga. Apenas tardou uns minutos. Preguntome porque non construiron antes esta línea. Mesmo Francia e España a tenderon nos anos 80 e 90. -Era un gasto moi grande naquela época. Despois de todo, tanto ten que se tarde unha hora que dúas entre Lisboa e Porto. Pero o custe era dobre. O Pendolino cruzaba os campos de vides reducindo a súa velocidade. A estación de Braga estaba na bisbarra. Tiña varias plataformas. Os técnicos estudiaban facer unha conexión con Salamanca, pero aquelo parecía un despilfarro, tendo en conta que agora os viaxeiros podían facer transbordo na Estación Central de Vigo. -Macao. Como lembro aqueles tempos. Esto xa non é como agora. Xa viu o que pasou cando entraron os países do Leste na Unión Europea. A milla filla menor traballa de funcionaria en Bruselas e di que a cousa está moi difícil. Hai xente que xa fala nos corredores dunha guerra civil. -Deus non o queira. - A xente parece que non escarmenta. As veces vou pasar un días con ela. Non se pode imaxinar o caro que está o aluguer nesta cidade. Os pasaxeiros subían ó tren a presa. En dous minutos o Pendolino arrancaría a gran velocidade cara Vigo. Neste traxecto o convoi acadaba a súa velocidade punta de 300 kilómetros. Seino porque o escoitara unha vez no telexornal e me quedara gravado. A esta velocidade, en vinte minutos estaríamos en Vigo. Foi unha mágoa que se suprimiran as estacións de Valença e Tui, pero sempre habería a posibilidade de tomar un tren de cercanías desde Vigo. En realidade, había unha parada en O Porriño, porque era máis doado facer o enlace co tren de velocidade alta de Madrid. Penso que no futuro, a estación de intercambio sería Ourense, con conexións directas a Santiago e Braga. Pero daquelo se falaba moito e non se facía nada. Eran moitos cartos. Por iso, moitos pasaxeiros apeabanse naquel nudo de comunicacións de O Porriño. Os demáis seguíamos ata Vigo, un ramal que seguía pola costa. Algúns trenes paraban en Pontevedra, pero a maioría seguían directos ata Santiago e A Coruña. Por sorte, os transportes de cercanías melloraran moito nos últimos anos. Ainda recordo cando viaxar entre A Coruña e Vigo levaba ata dúas horas e cuarto naqueles TRD, cando agora se podía aforrar unha hora ou máis. Non entendo como viviramos na prehistoria tanto tempo. A dona continuaba coa súa historia sobre Macao. De fondo, soaba un fío musical con música de jazz clásica. Recoñecín a suite Bergamasque-Clair de Lune de Debussy. Aquela peza de piano sempre me conmovera, quizás porque tiña relación con meu estado de ánimo nostálxico. -O nosa casa era frecuentada polos novos funcionarios que chegaban á cidade. Foi unha época bonita pero nin me acostumei a Macao nin a Angola. África sempre foi allea para min. A calor, as comidas... O que máis me sorprendía era o vento cálido das tardes, nas postas. E o silencio. -Eu tamén gardo boas lembranzas de Angola. Durante uns anos aquel foi o meu lugar. Eu ainda era mozo. E de todo aquelo xa non queda nada. Nese intre sonou unha campanilla e abreu as portas eléctricas un mozo, un inmigrante, cun carrito de aperitivos: patacas, refrescos, froitos secos e a mascota do Pendolino, un pequelo galo chamado Gallaecio cunha camiseta cun singular arco da vella: verde, vermella, branco, azul e amarelo. O diseñador cavilara en todolos detalles. -Qué mascota máis horrible-afirmou a moza de ollos azuis xelados. -Ós nenos góstalles. En realidade, gostalles calqueira animaliño. Se puxeran de mascota un loro ou un can palleiro, gostaríalles igual. Calqueira cousa lles interesa- explicou o home de sorriso, que mercou varias larpeiradas. -E vostede, o noso amigo español, ¿non mercou o galo de Barcelos ou o viño de Porto? -Pois depende. Eu andolle mal de cartos para mercar souvenirs. -Non poderá dicir iso posto que non repara en coller o Pendolino, moito máis caro que o tren eurorrexional que vai pola costa. -Sí, é certo. Pero é un gasto necesario. Non é o mesmo tardar tres horas en autocar que hora e media en tren. A velocidade compensa. -Eu non entendo como se gastaron tantos cartos neste tren cando había outras prioridades. -Supoño que agora está máis perto. Por exemplo, hai dez anos, era impensable ir a Porto e voltar no mesmo día desde o Norte. -Pero abriron as autoestradas. A cativa de ollos color Azul Ártico interviu na conversa. -Eu traballo de bibliotecaria na Fundación Pessoa, en Ferrol. O centro abriuse hai uns anos e dábame preguiza ir os fins de semana ata Porto. Agora, vou e volto co bono mensual. Compensa, incluso facendo o transbordo en Betanzos. Apenas son uns minutos de espera. -¿E nunca pensou en facer vida en Ferrol? -Pois, pode que nun futuro. Pero a miña vida segue en Porto, nunha quinta do Douro. A dona e o home do sorriso amosaronse interesados. -¿É vostede das familias da Ribeira? -Non, os meus parentes son de Boa Vista pero agora visito a un amigo dos Gonçalves. Aquelo de "amigo" non soaba moi ben. Sentín unha doenza no corazón. -¿Os herdeiros das adegas Virxe do Douro?; preguntou o doutor Camoes, facéndolle un guiño á dona. - Unha das ramas da familia, dos que regresaron do Brasil hai uns anos. Trabei moita amistade cun dos fillos. -Ouvin dicer que as cousas non lles van moi ben agora. -Eu non lle sei dicir; replicou a moza con prudencia. Xa se sabe o que pasa. Vas nun tren, falas de máis, o rumor se extende e logo perdes unha amistade. Polo menos, Ollos Azuis Esquivos sabía ser fidel as súas amistades. O doutor Camoes explicou o motivo da súa viaxe. -Eu tamén vou a Ferrol a mercar propiedades. Axudo a un amigo meu a seleccionar as mellores casas no Norte para restaurar e vender. Viaxo moito pola costa e nas zonas de praia. É unha comarca moi tranquila, alonxado do turismo e con boas comunicacións. Se vostede traballa na Fundación Pessoa podereime pasar por alí e invitala a un café. Ou tal vez poidamos xantar nun restaurante de confianza na praia de Doniños. Demo de vello, xa estaba a invitar a Ollos Bonitos a unha cena romántica. Non me podía quedar de brazos cruzados. Aqueles ollos eran unha obsesión. -En Ferrol hai moita vida social, no clube de campo, de golf. Se me permite, quizás un fin de semana lle poda levar a coñecer esos sitios e é posible que xoguemos un pequeno partido de tenis. A resposta non poido ser máis xélidamente diplomática: -Non quixera abusar da confianza do meu amigo español. Tal vez máis adiante. O tren pasaba a gran velocidade polos viñedos, perto da autoestrada. Era divertido ver como os coches ían a paso de tartaruga e nós case voábamos deixando atrás árbores, postes, as proteccións e os travesaños dos raís. Agora o Pendolino acadaba a súa velocidade punta, de 300 kilómetros por hora, antes de frenar para cruzar a ponte do Miño. O doutor Camoes continou coa súa historia. -O tren comeza a ir máis despacio. Debe ser que andamos perto de Valença. Case se ve desde aquí o outeiro da fortaleza. E alí estaba a fortaleza. O Pendolino descendeu ata os 125 kilómetros por hora para atravesala ponte do Miño. O espectáculo era grandioso. Vianse ó lonxe os arenais, as illas e a construcción dunha nova ponte da vía rápida entre Caminha e A Guarda e Baiona. Antes non era posíble, pero a ponte do Pendolino estaba levantada nunha beira do río desde a que se podía divisar a desembocadura. -Eu estiven traballando hai uns anos no centro social de Valença. Foron uns anos bonitos e tristes; e Ollos Xelados dixo esto último con mágoa e cun sorriso amargo. Supoño que cada un de nós leva dentro algunha historia que non lle saiu ben. Unha espiña sobre a que non me atrevín a preguntar. Os outros compañeiros de viaxe tampouco indagaron. As augas do Miño estaban máis oscuras do que as lembraba. Podía ser polo día, que chovía sen parar, a grandes chouzos. Consultei o reloxio e o mapa do horarios e comprobei que cumpriamos o itinerario ó minuto. O home do sorriso continua a conversa. -¿E qué lle trae a Galiza, miña amiga?; referíndose a dona aristocrática. -Busco unha vila de veraneo na praia. Vostede, amigo Camoes, me pode axudar. Sabe que o meu tio Joao enfermou do pulmón e necesita moita tranquilidade. -Para iso, o mellor son as illas Açores. E o seu tío, que é rico, ainda podería facer algunas operacións financieiras nos bancos do lugar e libre de impostos. O doutor Camoes riou o seu propio chiste, e a amiga lle reprendeu. -E o noso amigo español -dirindoxeme a min-, ¿non nos vai dicer a súa historia? Eu fixen un pouco de silencio para lembrar e rememorar aqueles tempos. LIBRO II O BINARIO DUE -Todo empezou na estación Central de Milano. Ainda lembro os altofalantes: Stazione Centrale di Milano. Il treno arrivara nil binario due. Abofé, cando me sinto só, recreo na miña cachola a megafonía da estación de Milán. Era como voltar á casa. O binario due é como esa habitación acomodada o teu gusto que serve, en psicoloxía, para aislarte do mundo, para acougar our relaxarte. Ben a ser algo así como un refuxio mental, un colchón. En Italia sempre te sentías ben, como no teu fogar. Logo de pasar penurias en culturas extrañas, Italia era como a antesala do meu lar. Cando quería facelo chiste imitaba aquel altofalante y recreabame eu só da gracia. Il binario due...¡¡Qué lembranzas! Ela máis eu ollaramos pola fiestra do coche e sorrimos mentras axustábamos as mochilas ó lombo. Milán, voltamos á casa. Alí estaba a Stazione Centrale e o Binario Due, a plataforma dous. E alí fora onde a esperei de pé, camiño de Roma. -É unha historia moi bonita; dixo a muller dos ollos azuis. O doutor Camoes asintiu, intrigado polo que lles quería contar. Pero eu continuei: -A historia non terminou. "Ou la gare du train, s.v.p.?"; preguntei desesperado pola estación nun francés trapalleiro a uns cativos que camiñaban coa bici ás costas. Percorría anguriado as rúas de Fez, fora das murallas da Cidade Imperial. As agullas do reloxio corrían e tiña presa. Saira da haima xa cando estaba oscurecendo, só alumeado pola lúa chea, e marchei a pé coa mochila ó lombo e morto de medo, non fora ser que me dean un pau. Sudaba porque agora me perdera nunha zona de tráfico que non ía a ningún lado. E o plano estaba o revés ou eu o vía o revés. A gare du train, unha frase que retornou á min: non era difícil voltar aquela vez que me apeei na Gare d'Austerlizt, a dinámica estación parisina do Sul. Era a mesma sensación que Victoria Station. Milleiros de persoas e maletín a toda presa e se metían no Tube. Un espectáculo só comparable a primeira imaxe do Metro, con centos de usuarios subindo ó unísono as escaleiras da plataforma da línea azul, a 2, en Sol. Tout droit! Tout droit!. Todo recto, ata chegar á Nouvelle Ville. Tout droit era outra das miñas frases preferidas. Tiña un anaco de eficiencia, de inmediatez, de chegar ó destino sin demora e sen obstáculos. Non había qué pensar. E aló fun, a fume de carozo. Esta noite había marchar a Marraquest como fora. Ela estaba alí e, supostamente, me esperaba. Un juice d'orange. Outra frase relaxante. Nas portas do Sahara -eles din Sara- non hai nada mellor que tomar un zume de laranxe, sentado nunha mesa da haima despois de percorrer un kilómetro de dunas para asistir, moi cedo, ó amencer no deserto de area, na fronteira con Alxeria. O sol só é unha tenue luz no oeste que asoma polas nubes que perpetuamente -eles din que unha vez nos derradeiros sete anos- cubren o deserto. O orballo do deserto e mais abraiante ainda que as extrañas criaturas que o poboan. Escarabelos peloteiros de tamaño xigante que pasean indiferentes o teu carón polo medio da haima mentras tomas un chá fervendo -sempre o chá- ou unha cola de tamaño familiar. Os chaparróns no deserto ou nas kasbas de barro cocido evocan outro pairaiso que alera a física tal como a coñecemos. É un mundo ó revés no que non acougo. Vexo como a choiva molla a chan árido e de fondo unhas casas de barro borrosas, ocultas polo vapor do meu alento e a caida da noite. Da friaxe. Pero agora pedira un juice d'orange na cafetería próxima á rotonda da estación. Un aperitivo antes da viaxe. Alí había outros mochileiros que, seguramente, tamén agardaban pola chegada do Expreso a Marrakest, con transbordo en Casablanca. Estes estaban de tertulia orredor da súa mesa, coa sua Coca-Cola de botella de cristal de medio litro e o juice d'orange. O reloxio que presidía a barra do bar marcaba as 23 horas da noite, ainda que os mochileiros se rexían pola hora europea, polo que para eles xa era a unha da madrugada. Algún de aqueles rapaces cae en redondo na mesa, vencido polo sono. O resto seguía de parola falando das súas aventuras. Logo achegaronse a aquela mesa uns tipos altos, que resultaron ser de Polonia, e outro xoven español que os acompañaba. Este último levaba un sombreiro de ala con pinta de Indiana Jones. Un pano protexía o seu coello e, o curioso, cargaba cunha maleta de hotel. Comezou a falar da súa visita a unha vella cidade perdida. Volubilis. Outra palabra que me fai lembrar o exótico. A cidade romana dos mosaicos construida as portas da cordillera do Atlas e do deserto do Shara, como eles o pronuncian. O mochileiro con pinta de profesor de arqueoloxía e aventureiro falou os que estábamos alí da misteriosa cidade romá, enclavada nun fértil val, que tamén atrapou ós colonizadores franceses. Dominada polo arco do trunfo de Traxano, aquela cidade perdida no Norde de África evocaba un nostálxico pasado como suministrador oficial de animais salvaxes no Circo. Cando te situabas na vía máis centrica de Volubilis non podías senon admirar a disposición das tendas dos comerciantes, o saneamiento subterráneo ou os trazados xeométricos dos mosaicos. O reloxio marcabas paseñinamente o tempo, a televisión botaba unha serie de acción e os homes marroquíes esgotaban a noite do sábado conversando e bebendo o té. O tempo pasaba naquel bar pero non a presa dabondo para rematar a espera do tren que me levaría a Marrakest. -Daquela non eran como agora_ apuntou o doutor Camoes cun sorriso. A donde nos querrá levar o noso amigo español, preguntabase.. -O reloxio deu a hora e todos os mochileiros sairon cara a estación.Na plataforma había máis xente que agardaba o Expresso. Fun á consigna e pedin ó mozo que me dera a mochila, que previamente gardara nun saco azul a cinco dirhams. Un timo posto que non era mais que un saco de fío dos que na terra se empregan para gardalas patacas. Carguei ó lombo o saco azul, como se fora o meu botín ou un completo garrulo, e sain cara a plataforma. Descarguei a mochila e busquei nun saco o teléfono móvil. Non había ningunha menxase para min no buzón de voz. Agora me preguntaba se ela estaría ou non. Decatábame de que fora unha tolería esta viaxe. Ainda que ela estivese, pode que non cambiase nada. ¿Por qué ía cambiar? Aquela sería unha longa e calurosa noite de viaxe. Pero o primerio sería pelexar cos outros mochileiros por atopar un sitio no vagón para durmir. Nos expresos nocturnos era moi difícil. Alí estábamos todos agardando a chegada do tren, expectantes e preparados para saltar ó vagón. -¿E qué pasou?, preguntou o vello, mentras ollaba de esguello á cativa dos ollos azuis. Sen decatarme, o tren xa chegaba a Vigo. -Contareille o resto de camiño a Santiago; e fixen un xesto triste. O home do sorriso riu. -Só falta por coñecer a nosa amiga do Centro Pessoa. -A miña non ten interese. Só son unha bibliotecaria que escribe historias e que nunca visitei os lugares exóticos dos que fala o noso amigo español. -Pero algunha historia terá que contar. ¿Ou prefire escoitar o fío musical e a ese horrible grupo tan de moda? -Eu gosto das letras clásicas. Agora estudio un vello relato dun cronista romano que fala da campaña de César nos limites da Lusitania, no que logo sería a provincia da Gallaecia. Di que o sol era negro e que se metía no mar facendo un ruido metálico. -Será Plinio; aventurei. Aquel bó home cría todo canto lle contaban os mariñeiros. -Non, é alguén anterior. É Tito Casio, liberto da familia Casio e cronista das Acta Diurna. Este dinos que arrepiou de terror naquel solpor. Xa era o derradeiro día das Florais, nas calendas de maio, mais naquela terra incognita, nos limes da Lusitania, había frío e vento. De súpeto, o ceo bateu contra o mar. Primeiro veu o grande río vermello e logo escoitou un estrondo coma se o airado Vulcano golpeara co seu martelo unha plancha de cobre ou ferro oxidado. Como se Xupiter, señor dos ceos e do Cosmos, rifase coa súa infidel esposa e irmá Xuño. Aquelo facía un ruido metálico tan chirriante que daba grima. Puido deducir que o estoupido proviña do horizonte. Abofé, veu por primeira vez como o sol ¡caía na raia do mar!. A grande bola naranxa esvarecíase prodixiosamente no sumideiro, arrastrado ás fervenzas que separan o limbo do mundo. Aló, nas limes, infestadas de horribles criaturas, agardaba o barqueiro Carionte para cruzar as almas dos vivos á outra beira. Calqueira mariño tolearía, morto de medo ante aquel canto metálico de sirea. Xúpiter pechaba a porta da morada dos seus lares. Estaba no fin da Terra, nos limes do abismo. E entón alguén da tripulación alertou de que algo no mar estaba vivo e viña cara eles. Cando voltou a ollar aquel sol negro se preguntou se habería mañá trala noite. O resto da historia perdeuse. O home do sorriso, que escoitara o relato, aplaudeu abraiado. -A dúbida sobre o mencer diciao aquel tal Hume. Ese cronista romano é un antecesor dos escépticos. Non sabía que se conservaban uns documentos tan valiosos. Eu miraba para a costa. Se cadra, o relato da muller dos ollos azuis xelados tiña razón. Eu disculpeime bruscamente: -Se me permite, baixome nesta parada. - O indicativo sinalaba Santiago. O home do sorriso replicou: pero vostede tiña unha historia pendiente de rematar. -É certo e cumprirei a miña promesa. Eu andaba á procura dunha moza de ollos azuis xelados. ¿Non é? -Así é, aquela que lle esperaba en Marrakest ¿ou outra?- e o home do sorriso fixo un guiño co ollo. Aquel home sabía ler no corazón da xente. -En Agadir-correxín. -¿E ben? -Decateime de que esa muller me espera en Santiago, nunha plataforma. Hai un día que agarda o meu regreso. O home do sorriso voltou guiñar un ollo e dixo: -Se me fixera caso eu, de vostede, seguiría ata Ferrol. Hai paradas que só son de paso. A muller dos ollos azuis miroume con cara de mágoa: -Quizás a súa historia non remate e teña segunda parte. -A miña historia remata nesta parada- dixen cun sorriso triste mentras me erguía do asento. E engadín: "Amiga, o seu cronista romano viuno moi claro. Hai que vivir no agora. E o meu agora é este parada de Santiago". O home de sorriso replicou: -O seu agora está aquí, neste sillón, neste tren. E esa parada de Santiago é unha das múltiples posibilidades do seu futuro. O Pendolino comezou a frenar. Tiña que me decidir. Quedaba poucos segundos. |
FOTOS DE VIAXES
- Europa en 30 días en tren con InterRail (1994)
- Europa en 28 días en tren con InterRail (2000)
- El Mediterráneo en tren con InterRail (Grecia y Turquía) (1998)
|