Salir a Herbas de Galicia.
Salir a Ourense natural.

(Esta www está feita por Secundino Lorenzo)
|
AS HERBAS E OS CACHOS.
|

| Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co solsticio de veran. A noite de San Xoan é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos . As fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chamanse lumes , lumeiradas , cachelas , cacharelas ... Acéndense nas primeiras horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando . É tradición saltar a fogueira ; ten que ser varias veces , sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar chamanlle en moitos lugares salvar. As virtudes do lume do San Xoan son purificatorias ,é bo contra o mal de ollo , meigallo , distintas enfermidades e ten propiedades casamenteiras. Nesa noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes santas e milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con coidado das bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en auga e deixalas ao sereno para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos naquela auga pola maña . Estas herbas denomínanse herbas de San Xoan (San Xoans , fiuncho , codeso, os fieitos machos, polas de nogueira, malvas, artemisa ...) que teñen propiedades menciñeiras . A noite de San Xoan é propia tamén, para adiviñar o porvir, xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as practicas a mais usada é a do ovo : as doce en punto da noite cascase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa ao sereno ata o mencer. Pola maña vaise ver o ovo e a forma que tomou, as veces un barco, outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano . É habitual nesta noite , acompañando as fogueiras, e nas zonas costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen con viño e pan de bola. |
|
|
Herba de San Xoán, é
outra das sete herbas básicas.
A herba de San Xoán limpa a cara de grans. |
![]() |
Para
máis datos pulsar este link.
Trátase dunha herba básica entre as sete fundamentais para a noite de San Xoán. Esta é a que corre os malos espíritus. |
|
|
A herba luisa sempre se usou para todo. Moi boa para os doores de estómago e barriga. |
![]() |
Para máis datos
pulsar este link.
Chamado tamén Piorno. |
|
|
O fento macho é outra
das sete herbas básicas da noite de San Xoán.
O fento macho é velenoso. Era moi apreciado contra as tenias. Síguese usando polas súas propiedades pero a súa administración é complicada, xa que, repito, é velenoso. Para máis datos ver este link.
|
![]() |
A malva é outra das sete herbas fundamentais. Sirve para todo resfriados, bronquitis, afección dixestivas, etc. |
|
|
Para más datos
pulsar este link.
É moi bon para a reuma, artritis e trastornos do sistema circulatorio. En Galicia tamén se utiliza para os doores da gorxa. |