O
entroido en Vilariño é moi sonado.
|
....
|
|

|
Comenza o xoves de
compadres co lardeiro, no que as mozas, despois de
roubárlle a roupa os mozos, fan o lardeiro colocándoo
nunha árbore, poste ou balcón pechado, o máis
inaccesible que se poida. Esta caricatura dos mozos
será obxecto de mofa e bulra ata que sexan quen de
baixalo.
Nota 1: No
fondo trátase dunha simbólica loita de sexos moi do
gusto da sexista sociedade rural
O xoves seguinte, o de
comadres ou lardeira, é a inversa: os mozos fan a
lardeira con roupa roubada ás mozas e encargaranse de
que permaneza en lugar ben visible ata que eles mesmos a
baixen para paseala no folión.
Nota 2: O
moneco recibía distintas denominacións, segundo as
zonas. En Vilariño está claro que é Lardeiro e
Lardeira , por certo o máis usado noutros sitios. Pero
tamén se chama Coresma en Bande , e reco.
O folión
"córrese" todas as noites nun pasarrúas
pautado, ritual, no que se entrevén ou adiviñan
ocultos significados, e no que os actuantes, enervados
polo rítmico son dos descomunais bombos do que sobresae,
acompasada, a aguda voz das gadañas e o ronco sopro do
corno, incansables, reconfortados de cando en vez, nun
intervalo de viriles aturuxos, polas tradicionais tentos
a xerra ( viño novo), son capaces de desfilar ata o
día, en singular procesión que pode chegar ata os
pobos veciños.
Nota 3: Os
foliós pódense definir como embaixadas
músico-carnavalescas que se envian reciprocamente unhas
parroquias a outras durante o tempo de entroido, dentro
da máis xenuína tradición de afirmación da
identidade colectiva ( da parroquia neste caso) e de
boas relacións coa vila ou a parroquía veciña coa que
se manteñen as máis estreitas relacións.
" A tamborrada é
incríble, os tambores son artesanais, con peles de
cordeiro ou ovella, a madeira é de concheiro
xeralmente."
Os días grandes son,
lóxicamente , os tres últimos, nos que é frecuente a
FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes
típicas como os boteiros ( equivalente dos peliqueiros), as "señoritas", os
"vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros,
follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican
esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un
repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces
cáustico, a toda a sociedade.
Xeralmente íase coa
foliada a unha aldea veciña, a cal tiña a obriga de
"volve-la volta" ó ano seguinte.
O día grande é o
domingo de Entroido no que, coincidindo coa Festa do
Cabrito, se celebra un desfile dos Folións polas rúas
de Vilariño.
Nota 4: O
día grande na zona está presidido pola gastronomía,
así por exemplo A Androlla que se celebra en Viana, en
Vilariño está sustituido polo Cabrito. Calquera dos
duos teñen todo o sabor pantagruélico da máis
xenuína raíz carnavalesca.
|