Boteiro. Posiblemente es de VICTOR VAQUEIRO

Nos carnavais de Ourense hai moitas figuras importantes, así,  os peliqueiros de Laza, cigarróns de Verin, pantallas de Xinzo, felos de Tioira, charruas de Allariz, troteiros de Bande, Vergalleiros de Sarreaus e os Boteiros de Vilariño e Viana.

Todos eles teñen dúas cousas en comúns: levan cencerros ou campaniñas no cinto e todos golpean ou fustigan a xente.

Na fotografía o Boteiro típico de Vilariño de Conso.

O Boteiro é único. O espectacular colorido, por exemplo, da camisa, que vai bordada con infinitos anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas. Dicen que dúas mulleres lévalle 25 días facer a camisa. 

O pantalón, xeralmente encarnado, de seda, con flocos de cores nos laterais, unha faixa con picos e borlas; un cinto con esquilas ou campaiñas; unha polainas, tamén chamadas legues, de cor negra; na man levan unha pértiga á que lle chaman monca, rematada nunha pequena borla.

A máscara pesa varios quilos, formada por unha careta negra tallada en madeira e con aberto sorriso ( máscara de Pradoalvar) e unha figura xeométrica a modo de pantalla frontal por riba da cabeza formada por unha estructura de artón e arame formando debuxos variados e multicolores. A Pantalla casi ten un metro cadrado nalgúns boteiros.

Unha maravilla.

( Esta información esta sacada o pe da letra do libro  O carnaval en Galicia de Federico Cocho, penso que é de lei citalo) .

Boteiro de Vilariño. Fotografía revista Auria. Ourense.

-------------------------------------------------------------

ARTESANOS FACENDO OS BOTEIROS.

Fotografías sacadas do video exposto por TVE -2. Artesano facendo os boteiros. Na man ten a monca, pao que lle sirve o boteiro para meter medo entre outras cousas.

Detalle dos boteiros. O pantalón é xeralmente bermello, con flocos de coores nos laterais. Leva unha faixa ou faca con picos e borlas, un cinto con esquilas ou campaniñas e unhas polainas negras.

Carnaval único. Boteiro presidindo o folión. A camisa do boteiro é incrible, vai bordada de moitos anacos de fitas de coores formando distintas figuras xeométricas. Un entendido precisa que dá traballo a dúas mulleres durante 25 días. ( Federico Cocho, no libro  O Carnaval en Galicia ).

A careta tallada en madeira e cun aberto sorriso, adórnase con flores feitos de papel, cun colorido sensacional. A pantalla chega a ter case un metro.

Saír. 

        

        

     

                

 

 

alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Ofertas de Trabajo y Busco pareja
Consigue una página web gratis o un
hosting con Galeón