![]()
Birimbao grupo Folk

![]()
Nace
Birimbao
a carón das bravas ondas do Orzán coruñés que baten con inusitada forza nos
longos invernos as praias de Riazor e
do Orzàn, pero que tamén son acariñadas con
suavidade pola sua longa lingua de auga nos veráns escintilantes, esmorecendo
quediñas nas suas limpas e douradas areas.
Todo-los seus compoñentes son nados na cidade de A Coruña, alumeada polo faro román mais antergo do mundo, no "Portus Magnum Artabrorum", terra de Faro e lugar de primitivo asentamento dos nosos devanceiros , testimonio dado polas insculturas por eles deixadas no lugar denominado Punta Herminia ,preto da Torre de Hércules.
O
noso grupo esta formado por seis corazons xunguidos por un anceio común: Levar
a musica tradicional de Galicia ó lado das músicas vivas dos nosos días.
Birimbao formase nos últimos meses do ano 1999 xunguindo a inqueitude dos seus compoñentes polo estudo e interpretacion da música tradicional de Galicia, a sua elaboración, adaptándoa con novos presupostos musicaís para de este xeito encher as novas demandas da xunventude galega cada vez maís interesada nestas formas musicais.
Intentar abrirse camiño nos eidos da música folk galega, coa barreira tan outa posta por grandes grupos folk como Milladoiro, Berrogüetto, Luar na Lubre, Camerata Meiga, entre outros , así como solistas como Carlos Núñez, Budiño, Susana Seivane , etc., é unha aposta díficil, complicada e non exenta de traballo a reo.
Somos
conscentes de elo , pro estamos plenamente convencidos de que conseguiremos
o noso obxetivo chegando a ter o noso oco entre os cada vez mais numerosos
siaeiros da música folk galega en particular e da música folk celta en xeral.
Dende o primeiro momento suliñamos a nosa liña de traballo, mergullándonos de cheo nas culleres da música tradicional galega, a percura da esencia e da cerne do sentir galegos, buscando e encontrando en este material a inspiración pra arranxar ou crear os temas que temos incorporado ó noso repertorio, unhas veces tal e como foron achadas ou transmitidas oralmente ou de xeito impreso nos diferentes cantigueiros populares e, outras, facendo arranxos con aportación dos distintos compoñentes de BIRIMBAO.
En
definitiva, a estética musical de BIRIMBAO tén sempre como referencia a música
tradicional e popular de Galicia, sin que ésto queira decir que estemos a
deixar de lado outras fontes como pode ser a música tradicional irlandesa , a
escocesa (polo norte) e a portuguesa (polo sur). Queremos deixar moi craro a
nosa disposición a investigar novos sons e ritmos aos que xunguir os
autóctonos do noso pais , ainda que sen perder nunca a nosa esencia.
Na experimentación do longo potencial da musica tradicional de Galicia encontramos os músicos de BIRIMBAO o campo de traballo axeitado pra dar "renda solta" a criazón musical . A música faise moito coa cabeza pero sobor de tudo có corazón. O noso late a ritmo de "muiñeira", emocionándose con tudo aquelo que saiba a Galicia.
Esta
é a nosa principal motivación.
"Muiñeira"
(Luis Seoane. 1967)
Galicia , afortunadamente, atesoura ainda vivas moitas das suas tradicións que atópanse reflectidas na sua música tradicional . Lembrando a figura insigne das letras galegas D. Ramón María del Valleinclán quen afirmabasen que un pobo sen tradicións é un pobo sen futuro, nós, BIRIMBAO, dámos-lle a volta a dita frase e preferimos decir que un pobo cheo de tradicións éun pobo cargado de futuro.
Galicia compre de abondo con esta máxima, si somos quenes de coidar a nosa cultura.
![]()
![]()
!!!
Ardell'o eixo ¡¡¡ carballeira
![]()
-albúm- 
-contactos-![]()
-links-
![]()
![]()
![]()
Birimbao e unha xuntanza de varios músicos procedentes de outras bandas de
folk que por distintas razóns non tiveron os pulos axeitados pra pervivir no
tempo.
Tal foi o caso de "Tarai" do que estivo a pertencer Pepe Mato, ou de "Albariza" do que proveñen outros membros do Grupo. Tamén os eidos da música "enxebre" aporta músicos a Birimbao.
Violin
e bohdram : M.Nicolás
Contrabaixo e
piano: Chema Lorenzo
flauta traveseira e whistles: Xaquín
acordeóns e gaitas: Pepe Mato
../../../../../Archivos de
programa/ENCORE/omnia/Num15.enc![]()
Guitarras:
Manolo Caridad
Gaitas: Víctor Quintas
Baterías:
Pentium
III- Maxi Studio ISIS -Encore,etc...
![]()

.jpg)
|
|
||||
|
Núm. canle |
Instrumento |
Microfonía |
Pé de micro articulado |
Observacións |
|
1 |
Frauta
traveseira |
ATM.35
A.Technic |
SI |
Outros:
Shure SM 58 |
|
2 |
Violín |
D.I.
box |
|
|
|
3 |
Bodhram |
AKG C-408 |
Pinza |
|
|
4 |
Voz
cantante |
Shure
SM 58 |
SI |
|
|
5 |
Guitarra
Acústica acsteel |
D.I.
box |
|
Previo
Fishman PRO-Fix |
|
6 |
Guitarra
nylón 1ª |
D.I.
box |
|
Previo
Fishman PRO-Fix |
|
7 |
Laud
acsteel |
D.I.
box |
|
Previo
Fishman PRO-Fix |
|
8 |
Clarinete |
ATM.35
A.Technic |
SI |
Outros:
Shure SM 58 |
|
9 |
Guitarra
nylón 2ª |
D.I.
box |
|
|
|
10 |
Punteiro
gaita RE Gaiteiro 1º |
Shure
SM 58 |
SI |
|
|
11 |
Ronco
gaita RE Gaiteiro 1º |
AKG
Micro mic. |
Pinza |
|
|
12 |
Ronco
gaita DI Gaiteiro 1º |
AKG
Micro Mic |
SI |
Outros:
Shure SM 58 |
|
13 |
Punteiros
Gaiteiro 2º |
ATM.35
A. Technic |
|
Estas
gaitas van sin micro no ronco. |
|
14 |
Voz
presentación temas |
Shure
SM 58 |
SI |
Outros:
ATM.35 A.Technic. |
|
15 |
Baixos
acordeón |
C-416
PP AKG |
Pinza |
|
|
16 |
Melodía
acordeón |
C-416
PP AKG |
Pinza |
|
|
17 |
Contrabaixo
acústico |
D.I.
box |
|
Inserción:
Compresosr |
|
18 |
Piano
electrónico |
D.I.
box |
|
|
|
19 |
Baixo
Fender |
D.I.
box |
|
Inserción:
compresor |
|
20 |
Bombo
batería |
D 112
AKG |
SI |
|
|
21 |
Rider,platos |
C-391
B AKG |
SI |
|
|
22 |
Timbal
Base |
Shure
SM 57 |
Pinza |
|
|
23 |
Timbal
medio |
Shure
SM 57 |
|
|
|
24 |
Timbaletas |
Shure
SM57 |
Pinza |
|
|
25 |
Caixa |
Shure
SM 57 |
SI |
|
|
26 |
Charles |
AKG
C-39-B |
SI |
|
|
27 |
Reserva
baclkline |
- |
|
|
|
28 |
Reserva
backline |
- |
|
|
|
29 |
Reserva
control PA. |
- |
|
|
|
30 |
Reserva
control PA. |
- |
|
|
|
31 |
Reserva
control PA. |
- |
|
|
|
32 |
Reserva
control PA. |
- |
|
|

![]()
os.:
610-223 291 --- 981 213 543
Rua Maestranza 5,Centro,5º, B
A Coruña- Spain
CP. 15001



![]()
Loitando pola saúde do mar:
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
webmaster: Manuel Antón