CURSO 2002-2003

NUNCA MAIS - MANIFESTO

BENVIDO@S Á PÁXINA NON OFICIAL DO I.E.S. FRANCISCO ASOREY - CAMBADOS - PONTEVEDRA - GALIZA - SPAIN

SALNESXOGO

novas do centro

curso 99/00

 

CICLOS FORMATIVOS DA FAMILIA DE   ELECTRÓNICA

correio

RESOLUCIÓN ÓPTIMA DA PÁXINA: 800 X 600 PÍXELES


NOVAS RELACIONADAS CÓ CENTRO

21/03/03

Os estudiantes de O Salnés maniféstanse contra a gerra

Os estudantes dos centros educativos de O Salnés foron os protagonistas nas concentracións e manifestacións realizadas en contra do ataque a Iraque. Os actos centraronse en Vilagarcía onde unha manifestación de estudiantes convocada por Mocidade Galega pola Paz e unha concentración de adultos cadrou na praza de Ravella ás 12,00 horas, reunindo a centeares de persoas. Os xovens desfilaron desde este ponto polas principais ruas do município até finalizar na praza de Galicia onde se procedeu á leitura dun manifesto.

A guerra non foi o único tema sobre o que xiraron as reivindicacións estudiantis. A decisión da Consellería de Educación de instar aos institutos á retirada de cartaces relacionados coa guerra ou coa plataforma Nunca Máis, acordou un grande malestar entre a comunidade estudiantil, que mostraron a sua desconformidade con esta forma de coacción contra a liberdade de expresión.

As ruas de Cambados e de O Grove tamén foron escenário destas reivindicacións. No primeiro destes municípios centeas de estudiantes de todos os centros educativos do concello realizaron un percorrido desde o instituto Asorei até a praza de Fefiñáns. No concello meco, tamén centeas de persoas se concentraron ante o instituto Monte dá Vila para se dirixir posteriormente en manifestación até a praza de O Corgo. En Vilanova, o instituto de A Basella tamén suspendeu as clases no dia de onte.

09/02/03

A catástrofe protagoniza as actividades que organiza o instituto cambadés con Voz Natura

A traxédia do «Prestige» centra o programa ambiental do Asorei

Cando o instituto Francisco Asorei de Cambados elaborou a sua programazón para a presente edición do programa ambiental de Voz Natura, nada facia pensar ainda que esta planificación sofreria unha modificación transcendental. Tal e como explica a coordinadora do proxecto, Adela Leiro, o centro non podia permañecer alleo á actualidade. E por iso, cando ese barco chamado Prestige tiñeu de negro toda a costa galega, as actividades do instituto ollaron cara esta realidade de maneira prioritaria. «Desde o segundo ou terceiro dia os rapaces comezaron a perguntar por iso e comezamos a traballar con este tema», explican. Desde entón comezou unha intensa tarefa de recopilación de información. Fotos, recortes de prensa, ... todas as perspectivas da traxédia foron recollidas en paneis cos que despois se montou unha exposición. Esta compilación continuará mentres non se eliminen os últimos vestíxios do Prestige. Pero ademais de englosar este capítulo da história de Galicia, a comunidade educativa do instituto cambadés centrou-se tamén nunha análise das mareas negras. Explicar en que consisten e avaliar as suas consecuencias sobre o medio natural foron algunhas das actividades que centraron o interese de profesores e alumnos. Tamén elaboraron unha unidade didáctica con información para o profesorado, un traballo interdisciplinar que será apresentado na memória final do proxecto. Do mesmo xeito, en relazón có Prestige realizaron-se excursións a O Grove, para ver os efeitos do chapapote, e preparou-se unha montaxe audiovisual.

28/01/03

O Instituto Francisco Asorey de Cambados elabora un fotomontaxe sobre a crisis do Prestige

Unha historia negra, o naufraxio do Prestige

É o título do fotomontaxe en formato PowerPoint que puideron ver alumnos, pais e ata representantes das confradías. A mostra está composta de distintas diapositivas con imáxes da traxedia, acompañadas de textos explicativos e música de fondo. Todo un documento para non esquecerse do realmente sucedido, e se manteña viva a sensibilidade do sucedido como consecuencia da catástrofe.

23/01/03

A Galicia do mañan unida contra a marea negra

Salnés e Barbanza formaron unha grande cadea humana contra o fuel

A Costa dá Morte era onte a grande protagonista, e como tal acolleu unha imensa cadea humana que queria simbolizar a preocupación da mocidade pola contaminación do mar, e espécialmente pola catástrofe ecológica do Prestige. Pero na ria de Arousa repetiu-se a escea nas suas duas marxes, onde se xuntaron milleoros de mans para loitar pola defensa do mar e as rias.

Mentres o persoal de centros de ensino de Pontecesures, A Illa, Cambados e A Pobra se desplazaba a Camariñas e Muxía, outros reunian-se en lugares como A Lanzada e Area Gorda, nos polideportivos de Vilanova, Illa e A Pobra, nas praias de Vilagarcía e Carril....

Na Pobra, estudiantes e profesores non puideron entrelazaron as suas mans na praia do Areal, como estaba previsto, pero si o fixeron no polideportivo. Participou un 90% do alumnado de primária dos centros Rei Eiras, Piar Maestú e Fernández Varela. Acudiron tamén á Costa dá Morte a maior parte dos chavais dos institutos Lambas de Castelo, de Carnota; e As Insuas, de Muros, pero non puderon facé-lo os do Fontexería por falla de autobuses. Suplantaron a viaxe por unha representación humana co eslogan «nunca máis» no patio do centro. Nos coléxios rianxeiros Brea Segade, Castelao e Ana María Diéguez, as cadeas solidárias formaron-se nos próprios recintos, o mesmo que no Cernadas de Castro, de Lousame; e no de Olveira substituiu-se A Ladeira polas cercanías do faro de Corrubedo. Si se respeitaron as previsions no centro ribeirense de O Grupo, que tiñan pensado desde un princípio realizar o acto na própria escola; e no instituto noiés Campo de San Alberto, cuios alumnos expresaron a sua protesta no paseo marítimo. Por último, uns vinte bateeiros fixeron soar as suas bocinas no Areal como sinal de adesión á convocatoria.

A maior concentración de alumnado e profesorado rexistrou-se en A Lanzada. Unhas 2.000 persoas formaron unha cadea humana un tanto deslucida a causa da choiva, que nembargantes non pudo mollar todo o simbolismo que entrañaba o acto. Chegou xente da Escola de Capataces de Lourizán e dos coléxios e institutos de Vilalonga, A Granxa-Ponteareas, Rosalía de Castro-O Grove, Conmeniño-O Grove, Bizocas, Armenteira, Dena, Ribadumia, Cruceiro-Vilalonga, Telleiro-Noalla, Baltar.... Neste caso leu-se un manifesto que falaba de "una cadea de futuro, responsabilidade e esperanza", pero tamén de "una longa loita para lograr un mundo e un mar mais limpos".

En Vilagarcía foron os institutos Castro Alobre, Fermín Bouza Brey e Carril os que levaron a iniciativa da cadea humana, mentres que en Vilanova participaron os centros Viñagrande, San Roque, Sestelo, Gándara e Xulio Camba e en A Illa fixeron o próprio alumnos e profesores do Colexio A Torre.

En todos os casos moitos criticaron as "presions" de Educación para que o transporte escolar non colaborase trasladando aos alumnos até as praias.

05/12/02

O fuel do "Prestige" chega ás aulas

Aínda que só sexa no senso figurado, o combustible do "Prestige" chegou ás aulas arousáns que conmemoraron actos de protesta polo verquido.

Asemade de protagonizar paros e concentracións en distintos puntos da comarca (Fefiñáns, porto de Vilanova, ...) ó longo da mañá, os centros realizarán outras actividades.

En Vilagarcía, o Cotarelo Valledor leerá nas pistas polideportivas un manifiesto recordando o lído por Rivas na multitudinaria manifestación do domingo dia un. Tamén leerán un manifesto o alumnado do Fermín Bouza Brey para esixir medidas, propoñendo ó concello vilagarcián que ceda ós voluntarios instalacións, especialmente o centro de Bamio. O Francisco Asorey, pola nosa parte, acolle unha exposición sobre o "Prestige" e repartiu trípticos informativos, así como un paro de unha hora de duración no que se colocou unha pancarta e se berraron consignas en contra da actuación do goberno.

NUNCA MÁIS

Gracias irmáns:

Aquí está a dignidade, aquí está a conciencia libre, aquí está un pobo vivo, aquí está a honra de Galicia.

Si, gracias irmáns:

Nós tamén invocamos hoxe aquí a protección do Santiago Apóstolo, de Prisciliano, de Santo André de Teixido, da Virxe do Carme, nai e señora da xente do mar, pero invocamos sobre todo a forza do pobo, a capacidade cívica, democrática, de nós mesmos para afrontar responsablemente e con coraxe esta situación de emerxencia, sen que se nos oculte a realidade, sen que se secuestre información, sen que falte á dignidade pretendendo acalar as verdades cun tintinar de moedas.

Si, gracias irmáns:

Gracias a todos os que viñestes do Eo ao Miño, gracias especialmente ás familias do mar que están aquí, co peso da dor e destas noites de vixilia sobre os seus ombros, e gracias tamén moi especiais a esa humanidade sensible, alerta oa sufrimento da xente e da destrucción da naturea, que dende todo o mundo ten enviado o seu abrazo solidario e amosa o seu noxo e horror polo que acontece no mar de Galicia. Un mar fonte de vida, un excepcional ecosistema, o máis precioso horto da creación, velaí o tedes, en permanente ameaza, convertido nun vertedoiro de velenos, machacado pola cobiza duns e o desleixo, o abandono doutros.

Convocados aquí, dunha maneira libre e unitaria, en marea cívica fornte á marea negra do Prestige e na crise e na emerxencia en que Galicia está asolagada:

Esiximos a declaración de Galicia como zona catastrófica. Trátase dun desastre de dimensións nacionais. Cómpre, pois, a inmediata dotación de recursos de todo tio para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medio-ambientais e para a saúde provocadas por este sinistro. O que precisa Galciia non son remendos paliativos senón plans a longo prazo que contemplen o binomio tan estreitamente relacionado de protección do medio ambiente e o emprego e benestar da poboación. 

As institucións españolas, a Comunidade Europea e os organismos internacionais deberían contemplar tamén a existencia do que poderiamos chamar unha Débeda Histórica de Catástrofes, pois temos sufrido xa seis catástrofes deste tipo e de gravísimas dimensións en trinta anos, e é unha responsabilidade a asumir polas institucións galegas o demandar esas compensacións históricas. Non só quen contamina debe pagar senón tamén quen obtivo e obtén beneficios, as petroleiras deberían pagar.

Reclamamos para Galicia a inmediata posta en marcha de mecanismos de prevención que impidan que a catástrofe vaia en aumento, coa posta a disposición dilixente dos medios económicos e loxísticos para impedir a contaminación de novas zonas, a intensificación nas xa contaminadas e a limpeza e a restauración medioambiental da costa.

Reclamamos para Galicia a adopción de medidas determinantes, ben concretas, por parte do Goberno central e da Xunta para que feitos como este non se volvan a repetir nunca máis. Medidas para impedir xa, e é o momento agora, por respecto ao loito do mar, o paso de buques que non reúnan as garantías de seguridade, apartar o corredor  marítimo e establecer un control estricto do tráfico e do almacenamento de mercadorías perigosas.

Reclamamos para Galicia a dotación dun verdadeiro dispositivo de salvamento, dun plan de emerxencia e dun operativo de reacción inmediata para loitar contra a contaminación mariña, con remolcadores axeitados e con buques anti-contaminantes. Aqueles que presumen de potencia mundial, ¿non lles cae a cara de vergoña ao ver que aí, cunha nova marea negra nas nosas costas, non hai un só buque anti-contaminante con pavillón español?

Reclamamos para Galicia a ubicación nesta costa da Axencia Europea para a Seguridade Marítima.

Reclamamos que se impulse unha lexislación internacional que acabe con este tipo de capitalismo delincuente, amparado na comenencia e nos paraísos fiscais, que estraba a vida dos pobos e dos verdadeiros paraísos do mar e da terra.

E rematamos:

O sinistro do Prestige e o ocorrido despois, pón en evidencia dun xeito inapelable a inexistencia de medidas de prevención axeitadas, a ausencia de plans de emerxencia para facer fronte a este tipo de catástrofes, a improvisación e descoordenación nas tarefas de salvamento e loita contra a contaminación e a total escaseza de recursos técnicos e humanos para facer fronte a este tipo de situacións.

Denunciamos as responsabilidades derivadas destas deficiencias. Reclamamos a demisión das autoridades que coa súa ineficacia e irresponsabilidade non souberon impedir que o accidente tivese as peores consecuencias. Dicímolo no código do mar: Delta India Mike India Sierra India Oscar November: Dimisión. É nas situacións críticas cando os gobernantes teñen que estar a carón do pobo, informando realmente, nos medios e no Parlamento, e activando os recursos dun país.

Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria, Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige. Xa non queremos contar máis. Xa abonda. Xa estamos petroleados ata as praias da alma. Galicia, mobilizada de exemplar, conseguiu nos anos Oitenta que se pechara o vertedoiro de residuos radioactivos, o cemiterio nuclear, fronte á costa de Fisterra. Pois ben. Hoxe dicimos: NUNCA MÁIS. Que non se desprecie máis este S.O.S dun pobo canso de aturar e sufrir. Que se escoite en Santiago, Madrid e Bruxelas. Que se escoite onde se teña que escoitar.

 Galicia é hoxe a humanidade que berra: ‘Nunca máis!’.

 Manifesto final da marcha de Santiago. 01/11/2002

27/10/02

A oposición pede que se paguen canto antes as expropiacións
O Pleno dá luz verde á cesión de terreos para o pavillón do Asorei

A Corporación de Cambados aprobou por unanimidade a posta a disposición da Consellería de Educación dunha parcela de 4.623 metros cadrados para dotar ao instituto Francisco Asorei dun pavillón polideportivo coberto. O alcalde argumentou que este centro educativo ten unha importante carencia de espazo e que por iso se recorreu á expropiación forzosa para adquirir os terrenos necesários. Pola sua parte, a oposición, que apoiou a proposta, tan só apontou que seria conveniente que se acelerase o proceso para pagar aos afectados o antes posíbel.
PP, BNG e PSOE votaron a favor da posta a disposición da Consellería de Educación unha parcela de 4.623 metros cuadrados para a construcción dun pavillón polideportivo coberto e resolver asi a falta de espazo arrastra dende casi o día da sua inauguración o instituto Francisco Asorei.
Para a adquisición dos terrenos foi necesário recorrer á expropiación forzosa, xa que nun princípio, os proprietários non estaban dispostos a ceder as suas parcelas.
Os tres grupos con representación municipal coincidiron na necesidade de axiliza-los pagamentos das expropiacións para que os viciños afectados receban canto antes a compensación económica que lles corresponde.