CURSO 2000-2001

BENVIDO@S Á PÁXINA NON OFICIAL DO I.E.S. FRANCISCO ASOREY - CAMBADOS - PONTEVEDRA - GALIZA - SPAIN

curso 99/00

novas do centro

actividades

normalización lingüística

CICLOS FORMATIVOS DA FAMILIA DE   ELECTRÓNICA

correio chat descarga gratis estadísticas de visitas

RESOLUCIÓN ÓPTIMA DA PÁXINA: 800 X 600 PÍXELES


NOVAS RELACIONADAS CÓ CENTRO

05/06/01

Saen a concurso as obras da nova ampliación do instituto Francisco Asorei

A Consellería de Educación ven de sacar a concurso as obras da nova ampliación do instituto Francisco Asorei de Cambados, que dende a súa inauguración no curso 1990/91 ata a data, xa sufreu varias reformas e o aumento dunha planta fai dous anos. Os novas obras teñen un orzamento de 72.038.784 pesetas (432.961 euros), e consisten na construcción dun anexo ó centro que resolva os problemas de espacio que padecemos dende casi o día da súa inauguración. A empresa adxudicataria deberá remata-las obras nun prazo máximo de tres meses, antes de que comece o vindeiro curso. No proxecto non está incluida a construcción do pavillón de deportes do centro, que deberá agardar ata non se sabe que data.

15/05/01

Asorei contará cunha montaxe multimedia e unha exposición permañente

O Instituto Francisco Asorei está traballando nunha exposición ó escultor cambadés que da nome ó centro, e que pretende ser unha homenaxe permañente a esta importante figura da cultura galega. A mostra, que se abrirá ó público dende o 16 de maio ó 5 de xuño, estructurase en varios apartados:

O primeiro apartado componse dunha exposición permañente con quince paneis coas obras máis representativas do escultor así como tamén da sua biografía. Esta parte instalarase na zona acristalada da biblioteca que agora quedará cuberta cos paneis. Otro dos apartados que se recolle é unha mostra itinerante composta por dezaoito paneis plastificados dun metro por setenta centímetros con toda a vida, obra e explicación dos movimentos plásticos. Á vez, contarase cunha zona de libros e material documental e unha unidade didáctica para documentación do centro con textos, diapositivas, fotos, textos literarios, bibliografía así como documentación de prensa con datos sobre a vida do escultor.

Un dos actos centrais deste traballo centrase na montaxe multimedia que tenrá lugar este venres 18 de maio e que constará de seis ‘esceas’. A primera centrase na biografia, unha segunda falará da sua nai; a obra en xeral compón a tercera; en cuarto lugar a súa muller; o quinto ó campo e para rematar a cultura. O alumnado dará forma a este traballo a partir da unha menos cuarto da tarde coa lectura dunha introducción, a continuación leerase un poema e un ordenador porá o corpo final do acto coa proxección de imáxes acompañadas de música.

Esta exposición sobre Asorei nace do fruto dunha importante investigación desenvolvida polo centro educativo. Entre as fontes consultadas atópase incluso a familia directa do escultor. Un dos seus fillos mostrouse interesado en achegarse ata o instituto para coñece-lo resultado final da exposición.

Dende o centro tamén se solicitou a colaboración do Museo do Pobo Galego que aportou diverso material.

No instituto Asorei realizouse unha importante recopilación de datos que agora poderán intercambiarse con outros centros e que servirán de lembranza permañente desta imporatante figura na vida cultural de Galiza.

28/04/01

PARCELAS DE ZONA VERDE CONVERTENSE EN URBANAS PARA POSIBILITA-LOS TRABALLOS

O pleno de Cambados acorda por unanimidade a ampliación do Asorei

A modificación urbanística necesaria para a ampliación do instituto Francisco Asorei, ó que se lle engadirá unha nova pranta así como dun pavillón, foi aprobada onte por unanimidade no pleno que celebrou a corporación. Así, a modificación número 6 das normas subsidiarias municipais permitirán convertir en parcelas urbanas, terreos que ata o momento estaban calificados como zonas verdes.

25/04/01

Cambados leva ó pleno a modificación urbanística para a ampliación do Asorei

A oposición solicitara en numerosas ocasións que o equipo de goberno axilizara os trámites

O pleno de Cambados debatirá pasado mañán venres a modificación urbanística necesaria para ampliar o instituto Francisco Asorei. Este tema debería xa debatirse na sesión do pasado mes de xneiro, segundo prometera o alcalde. Tralas reiteradas peticións do BNG e PSOE cambadeses, a corporación deberá dalo visto bó a unha modificación das normas subsidiarias para converti-lo chan das parcelas que son zona verde en urbanas. Nestes terreos levantarase o novo pabellón deportivo do centro.

29/03/01

Liorta política sobre a ampliación do Asorei

O retraso por parte do Concello de Cambados das obras de ampliación do Instituto de Enseñanza Secundaria Francisco Asorei crea malestar entre a comunidade educativa e nos grupos políticos da oposición municipal. O BNG de Cambados acusa ó alcalde do PP, de mentir unha vez máis ó respeito da necesaria ampliación do Instituto.

O portavoz do grupo nacionalista, Xoan Antonio Pillado Silvoso, asegura que o rexidor cambadés compromerase primero a levar ó pleno do mes de febreiro a compra de terreos para o centro, pero este tema non se incluíu na orde do día correspondente, e nese mesmo pleno asegurou que se faría no mes de marzo, pero está a remata-lo mes e o tema non vai ó pleno do vindeiro venres.

Neste senso o portavoz do BNG pregunta ata cando vai seguir o alcalde de Cambados tomándolle o pelo ó alumnado, ós pais e nais destes e a tódolos cambadeses. Asé mesmo solicitalle ó rexidor que fale claramente de cais son as suas intencións con respeito ó tema, é dicir, si pensa realmente merca-los terreos, así como o lugar onde pensa facelo e que superficie, ou si pola contra ten intención de seguir sendo o único culpable de que o alumnado do IES Asorei, despois de máis de catro anos implantada a ESO, estexa nun centro que precisa urxentemente dunha ampliación que o dote de espacios para o esparcemento, a convivencia e a práctica deportiva así como lugar onde nun futuro se poidan implantar novos estudos.

O certo é que tanto pais, alumnos como profesores demandan unha solución que cada día que pasa está máis lonxe.

Pola sua parte o BNG instou no seu día ó concello a ceder terreos e realiza-las xestións necesarias coa Consellería, ó mesmo tempo que presentó as enmendas ós orzamentos da Xunta para realiza-las obras, aínda que de momento non tiveron unha respuesta concreta e satisfactoria.

Martes, 5 de setembro do 2000

O alcalde negocia a ampliación do Asorei cos propietarios dos terreos

O alcalde de Cambados mantén conversas cos propietarios dos terreos anexos o I.E.S. Francisco Asorei para merca-la superficie necesaria para a necesaria e sempre reclamada ampliación do centro. Polo de pronto xa hai algúns interesados en vender, aínda que non se sabe si aceptaran todo-los afectados. El Concello accedeu a entablar as negociacións unha vez que a Consellería de Educación dera a sua aprobación á posible ampliación do centro que na sua curta vida xa sufreu alomenos tres modificacións, a última tan só fai dous anos.
En canto as melloras nos accesos ó centros docente cabe suliñar a posible ampliación da carretera que comunica o colexio da Pastora có instituto Asorei, que terá un ancho de oito metros nun percorrido de 900 metros. Ase mesmo asfaltarase a pista de entrada do instituto.

alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Videos, Loterías y Lotería de Navidad
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón