CURSO 2001-2002 |
CICLOS FORMATIVOS DA FAMILIA DE ELECTRÓNICA
RESOLUCIÓN ÓPTIMA DA PÁXINA: 800 X 600 PÍXELES
01/02/02
A INICIATIVA PARTE DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO SALNÉS Salnesxogo ou o arte de aprender xogandoA Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Salnés pon en circulación unha nova iniciativa adicada ós estudiantes dos institutos de secundaras có gallo de afianza-la lingua galega nos usos orais do alumnado. Trátase dun traballo didáctico en forma de xogo, que nace co nome de "Salnesxogo" e que se edita co patrocinio de Caixanova. O xogo presentóuse onte ante a comunidade educativa no salón de actos do instituto "Armando Cotarelo Valledor" polos membros da Coordinadora e os representantes da entidade patrocinadora. O colectivo de profesores de Normalización Lingüística salientóu a satisfacción de velo xa disposto para a súa entrega ós seus destinatarios: os alumnos. O material preséntase en formato de xogo de mesa e a súa elaboración foi pensada nun reparto en catro bloques de contidos: Lingua e literatura; Ocio e deportes; Ciencia e tecnoloxía e Humanidades. Ademáis conta cun taboleiro de xogo no que aparece o mapa da comarca e distintas reseñas históricas, e que foi deseñado polo pintor afincado en Cambados, profesor de debuxo no instituto de Vilalonga, Eduardo Baamonde. Completan o xogo unhas fichas con probas sobre actividades en galego, un dado e fichas para os xogadores. Co xogo de mesa tamén nace unha versión en CD para conquista-los afeccionados á informática. Salnesxogo nace dunha idea da Coordinadora perseguindo obxectivos didácticos e lúdicos, e para mellora-lo coñecemento do entorno e das distintas facianas que ten esta comarca onde abondan tesouros naturais, históricos, culturais e recursos económicos. E mentras se xoga e se aprenden datos do Salnés practicando o galego que é o que se persegue dende os equipos de normalización linguística dos institutos. A Coordinadora aproveitóu onte para pedir á entidade colaboradora na impresión do traballo "Caixanova", apoio en iniciativas adicadas ós nenos da escola primaria. Pola outra banda, o xefe de zona de Caixanova, Javier Villaronga, destacou a vontade desta entidade de seguir colaborando neste tipo de iniciativas, e que trasladara a Vigo as propostas de González Avión en relación a outros proxectos. |
SE QUERES XOGAR CLICA NA SEGUINTE LIGAZÓN: http://www.iespana.es/elprofe/salnesxogo.htm
O material está a dispor de todo o alumnado na biblioteca do I.E.S. Francisco Asorey |
30/11/01
AS MANIFESTACIÓNS CONTRA DA LOU VOLTARON SAIR Á RÚA
Máis dun milleiro de alumos do Salnés deixaron patente que o estudiantado da comarca tamén está en contra da Lei Orgánica de Universidades (LOU), e voltaron a demostrar que son capaces de poñer imaxinación as protestas e levalas á rúa sen incidentes.
Centos de alumos de Cambados pertencentes ós institutos Asorei e Cabanillas, se desplazaron ate a Praza do Concello. Alí, as críticas o PP, as consignas contra da Xunta e do Estado, os cánticos en defensa do ensino públic e as críticas constantes a á LOU repitironse respecto as anteriores convocatorias.
14/11/01
O alumnado do Asorey vai en manifestación ate a praza do Concello
@s estudantes de Cambados voltaron un día máis a manifestarse en contra da LOU. A diferencia das convocatorias pasadas, nesta última acudiron máis alumnos dos dous centros de Cambados, que se achegaron á praza do Concello en manifestación dende os respectivos centros. Xa na praza manifestaronse de forma pacífica e solicitaron a presenza do alcalde que, escudado trala garda civil e a policía local, mandou pecha-las portas do concello.
07/11/01
A reforma universitaria leva á folga ó alumnado de bacharelatos e Ciclos
Os alumnado dos institutos Francisco Asorey e Ramón Cabanillas de Cambados protagonizaron un terceiro día de folga (un cada mércores), motivada pola reforma universitaria, falta dunha ampla oferta de ciclos formativos, e tamén pola lei de reválida que o Goberno do PP quere voltar a instaurar nos novos plans de estudio.
Si ben nas anteriores convocatorias, sobre todo na primeira, na que o alumnado do Francisco Asorey non fora á folga por falla de información, na segunda e na terceira o paro vai inc, chegando ó 80% do alumnado implicado.
Na manifestación protagonizada hoxe o alumnado cortou o tráfego en Cambados, logrando que moita xente notara a folga ó tratarse dunha xornada de mercado, a pesares das ameazas recibidas por parte da dirección do Ramón Cabanillas como as do Francisco Arorey, chegando no primeiro centro a ir polas aulas amenazando ós que ían á manifestación cunha falla leve, e argumentando que o alumnado non ten dereito á folga ao non tratarse de traballadores e cousas sen sentido así por un estilo, tentando de amedrentar e coartar o alumnado máis indeciso. Tamén denuncian que as direccións dos centros están a rete-la información enviada por parte dos sindicatos sobre o traballo e o calendario das movilizacións, polo que o alumnado se ten que enterar pola prensa de todo o que pasa. Algún profesor que pasou poa praza namentras se desenvolvía a manifestación asegurou que o alumnado que alí estaba concentrado eran uns valentes o estar alí a a pesares das fortes presións recibidas. A situación que se está a vivir no Cabanillas por parte do alumnado é penosa e deben loitar polos seus dereitos cívicos. Namentras se estaba realizando a manifestación, o alumnado recibiu a nova de que o vindeiro 14 de novembro haberá unha nova concentración diante o Concello de Cambados.
A manifestación tivo unha grande marcaxe por parte da Gardia Civil impidíndo que o alumnado cortase o tráfego rodado, pedindo documentación a algún dos mozos alí congregados, durando o acto de protesta dende a unha da tarde ate as duas e media. Nas pancartas podíanse ler eslogans do tipo Nin reválida nin selectividade, acceso directo á universidade, Maioría absoluta non é igual a dictadura ou Dereitos democráticos nos institutos xa.
O xurado valorou a implicación da administración e de toda a comunidade escolar nun proxecto innovador
O I.E.S. Francisco AsoreI gaña o primeiro premio provincial de Voz Natura
O proxecto do noso centro foi o merecedor do primeiro premio Voz Natura da provincia de Pontevedra. O xurado valorou moi positivamente que o centro conseguira implicar á administración e a toda a comunidade escolar nun proxecto innovador e moi completo. Os traballos centraronse principalmente, en analisar e coñece-las posibilidades das distintas formas de enerxía, realizando maquetas de aproveitamento hidráulico e de transformación da enerxía e preparando un parque experimental nunha das terrazas do centro para utiliza-las enerxías solar e eólica. Tamén estudiaron os ecosistemas do río Umia e recuperaron as zonas degradadas do recinto escolar. «A verdade é que estamos moi ledos porque é un pequeno recoñecemento ó traballo que se está a facer», sinala Adela Leiro, coordinadora do proxecto Voz Natura do Asorei. Nos traballos participaron os departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química e Tecnoloxía e Electrónica, ademáis do apoio económico da Consellería de Medio Ambiente para a instalación dos paneis de enerxía solar e eólica no patio. Foi precisamente o feito de contar coa implicación dunha administración un dos aspectos que máis valorou o xurado.
O alumnado tamén adicou parte do proxecto a elaborar un amplo estudio sobre o ecosistema do río Umia. Para confeccionalo, os escolares realizaron varias saídas a distintos puntos do río, nas que tomaron mostras da flora e fauna. Ademáis, analizaron os principais problemas deste caudal detectando problemas de contaminación orgánica, química e térmica. Neste senso, tamén detectaron a desecación de zonas húmedas ou a introducción de especies foráneas. O resultado do estudio é un libro-mural que explica a situación do río e os seus ecosistemas. A última das partes do proxecto consistiu en adecenta-lo recinto do centro mediante a limpeza de restos de obras e retirada de maleza, colocación de papeleiras e bancos, plantación de distintas variedades vexetais, ó tempo que estudiaron a flora do recinto.
18/11/01
O alumnado do centro estudiará o ecosistema do río Umia
A final de curso confeccionarán un informe có resultado das análises
O alumnado do instituto adicarase, durante este ano ó estudio do ecosistema do río Umia. Flora, fauna, usos e agresións serán algun dos aspectos que ó longo do curso analisen na clase. O estudio do río será un dos traballos que o centro leva a cabo dentro do programa ambiental desenvolvido en colaboración con Voz Natura. Ademáis desta iniciativa, adecentarán o recinto escolar unha vez rematen as obras de ampliación.
Precisamente durante estes días o centro alberga unha exposición, organizada pola asociación de ensinantes Candea e composta sobre todo por fotografías, acerca do río e do espacio natural que forma a enseada Ulla-Umia, incluida na Rede Natura-2000.
02/10/01
O día 22 de outrubro inaugurarase unha exposición sobre as enerxías alternativas
O Instituto recibe seis mil euros para estudia-las enerxías alternativas
O noso centro participará este ano en, polo de agora, catro proxectos educativos diferentes. Entre elos o interdisciplinar para o estudio de formas de enerxía, o de video, o de viaxes didácticas así como o organizado polo departamento de arte que incluirá diferentes saídas educativas.
Para o proxecto interdisciplinar sobre o estudio de formas de enerxía, o centro conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia por un montante dun millón de pesetas; cantidade adicada entre outros fins, a mercar paneis solares e novos aeroxeradores. Os responsables deste proxecto son o profesorado de Ciencias Naturais, Física e Química, e o módulo de Instalacións Básicas.
Os obxetivos deste proxecto baseanse en comprender e identifica-las principais manifestacións de enerxía, a utiliza-las diferentes magnitudes e realizar traballos de aplicación práctica, entre outros. Os contidos que se estudiarán inclúen dende os tipos e fontes de enerxía así como as transferencias xenéticas e o principio de conservación da enerxía. Todos eles serán tratados con un carácter eminentemente práctico por parte de todolos ciclos educativos a partir do segundo ciclo da ESO, e organizaranse excursións a instalacións tradicionais como pode selo muíño da Seca ou os de vento que hai na comarca. Tamén está prevista a organización de charlas preparadas por equipos de alumnos e a elaboración dun centro de documentación sobre a enerxía para o instituto. O calendario de actividades iniciarase de maneira inminente nas aulas e a exposición sobre o proxecto inaugurarase o vindeiro 22 de outubro no centro.
O instituto comenzara xa fai algúns anos a traballar no estudio das enerxías alternativas, contando na actualidade cun aeroxerador e un panel solar instalado polo alumnado do ciclo medio de Equipos Electrónicos de Consumo.
09/09/01
A falla de espacio no Instituto segue sen solucionarse a pesar da ampliación
A falla de espacio no Instituto Francisco Asorei preocupa á comunidade educativa de Cambados. Si é certo que nestes momentos se están a facer unhas obras de ampliación nas aulas, tamén é ben certo que estas se están a facer a costa de suprimir o único espacio aberto do que dispoñía o alumnado para zona de esparcimento e práctica deportiva, xa bastante achicado por mor das sucesivas ampliacións que se teñen feito en anos anteriores. O Concello de Cambados fai aproximadamente un ano que aprobara un orzamento de 12 millóns de pesetas para mercar terreos con destino á ampliación do instituto, pero todavía non se formalizou a compra da parcela que solucionaría os problemas de espacio do centro. Ver máis novas neste enlace do curso pasado